Entradas

Peregrina Pérez

María Victoria Moreno ou Peregrina Pérez. Unha mestra da vida. Homenaxeada neste 2018 no día das Letras Galegas, é a cuarta muller que forma parte dunha longa lista iniciada con Rosalía de Castro. Pero, quen era María Victoria Moreno? Preme no play e escoita! Documental sonoro sobre unha muller brava que durmía pouco e soñaba moito, sementadora de futuro e cunha voz insurrecta. Nesta peza podes escoitar a voz de Camino Pereiro (como María Victoria Moreno). Ademais aparecen: Pedro Ferriol (viúvo de M.V.Moreno), Begoña Llacer (filla de Moreno), Pilar Álvarez (alumna e Moreno e traballadora na libraría Xuntanza), Antonio Fraga (gañador do I Premio María Victoria Moreno), Xavier Senín (traductor e autor de "María Victoria Moreno. Sementadora de futuro"), Monse Pena (autora da biografía de Moreno "A voz insurrecta"), Ánxela Gracián (autora da biografía "Doce cartas a María Victoria Moreno"), Marilar Aleixandre (académica e autora da biografía "